24 agosto 2011
10 agosto 2011
03 agosto 2011
29 julio 2011
TORNEO FÚTBOL SALA AGOSTO `11

Co mes de agosto chega a competición deportiva mais agardada do ano , o Torneo de Fútbol Sala "Concello de Melide" Agosto 2011.
XXI edición, o prazo para anotarse, importante, remata o MARTES 2 DE AGOSTO ÁS 9 DA NOITE, coma sempre para apuntarse na Cafetería Marta de Melide ou chamando o teléfono 639313383
CATEGORÍAS: Alevíns, Infantís, Cadetes, Seniors e Feminino.
Máximo 10 xogadores por equipo (con fotocopia do DNI)
Prezo: 80€/equipo para categorías Senior e Feminino.
Ingreso na Cafetería Marta ou no nº de conta: 2100 4948 17 2200043062 antes do sorteo.
SORTEO: Martes 2 de Agosto ás 22.00h no Edificio Multiusos de Melide.
Comezo do Torneo: Xoves 4 de Agosto.
07 julio 2011
Carta de despedida de Francis Sixto

Despois de dous excepcionais anos, e tras voltar a categoría que merece a familia do Cire, tócame a mín agora despedirme na dirección deportivo
do equipo.
Dentro da multitude de agradecementos que teño que expresar, comezo con dúas persoas que hai once anos arriscaron cun imberbe descoñecido,
o presi Jesús Carlos Pampín e Paco do Marta ( para min moi importantes na historia do club).
Da miña actual directiva, só teño eloxios, polo seu traballo e adicación, ...con diferencias en moitos casos, pero soamente en matices deportivos, nunca no plano persoal, como algún ao mellor pode pensar.....expresarlles o meu aprecio, pola labor tan ingrata que realizan..( Pucha, Ino, Broz, Sando, Emilio, Riki, Suso.....)
Pero do que máis orgulloso estou é da nosa afección e dos xogadores....dos meus chacaritas, grandes ,medianos e pequenos...ante eles quítome a boina,
os benxamíns son a miña debilidade.....unha tempada impresionante.............e mira que son trastes...pero con moita diferenza os mellores.....
O equipo sénior, xa non son xogadores, son amigos...e soamente o paso do tempo será o que faga ver.. o moito que traballaron..para tan escasa recolecta,
do grupo que conforman, a calidade humana que atesouran..non hai calificativos para expresar os seu esforzo, compromiso e ilusión....
e xa na parte final, a miña afección, aos siareiros incombustibles,.... non vou poñer nomes ..que sempre me esquece algun@, caso de Juli, e despois xa non me falan.
Grazas polo voso apoio, sen reproches,sen críticas, pesie a que o noso futbol tivo épocas de aborrecer ao máis santo.....pero sempre estivestes ahí ..
a verdade é que o dixen unha vez , e o direi sempre, marcho de Melide orgulloso do pobo e namorado da súa xente..................
Grazas x todo...ata sempre
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

